5 ene 2012

Estamos de volta.

Xa pasaron varios meses dende que fixen a miña primeira e única publicación, e hoxe é o día no que me animo a volver a emprega-lo blog de vez en cando.

Despois de meditalo durante un tempo non chego a unha conclusión que me convenza, ( Blog de poesía?, Blog de debuxo?, Blog de música?), non era sinxelo decantarse por algo, polo tanto decidín non orienta-lo blog a un "xénero" concreto, así que as publicacións que realizarei a partires de agora pasarán a ser o reflexo do meu ser e do meu día a día plasmados de diversas formas, xa sexan debuxos, poemas, ensaios, relatos ou composicións musicais propias, ó contrario que noutrora que intentaba expresalo só mediante a escritura.

Espero agradar cos meus posts a todo aquel que visite o meu blog durante o tempo que o entusiasmo poida prevlecer á vagancia.

Moísimas grazas por empregar cinco minutiños da vosa vida en visitar "Bágoas no vento".

Un saúdo!

22 jul 2011

Escura razón

Teño frio,
a escuridade envolve a miña mente,
impide que vexa máis alá do que capto cos sentidos...

Vexo pero estou cego.
Toco pero non sinto a calor.
Ulo pero non arrecende.
Oio pero non escoito.
Intento catalo pero non o saboreo.
Coma sempre son escravo da razón,
razón que me impide ver máis alá dela,
obrigándome a vagar nesta escura realidade sen cor...
Quixera viaxar máis ala diso,
Quixera separarme da razón que so trae escuridade...