22 jul. 2011

Escura razón

Teño frio,
a escuridade envolve a miña mente,
impide que vexa máis alá do que capto cos sentidos...

Vexo pero estou cego.
Toco pero non sinto a calor.
Ulo pero non arrecende.
Oio pero non escoito.
Intento catalo pero non o saboreo.
Coma sempre son escravo da razón,
razón que me impide ver máis alá dela,
obrigándome a vagar nesta escura realidade sen cor...
Quixera viaxar máis ala diso,
Quixera separarme da razón que so trae escuridade...

2 comentarios:

  1. Noraboa pola entrada, e moi bonita!
    Gustame moitisimo ;)

    ResponderEliminar
  2. BOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOM. Inconcluso final. Batifondo de cores e ningunha é realmente negra. É triste, desharmónico, pero bo.

    ResponderEliminar